terça-feira, 23 de março de 2010

AS NOSAS PALABRAS FAVORITAS














CATIVO

NO DICIONARIO:1. De mala calidade, que vale pouco ou non ten boas calidades. Unha froita cativa. Un escritor cativo. SIN. malo, ruín. É cativa, non é moi guapa. 2. Privado da liberdade, que foi feito prisioneiro. Estivo tres anos cativo nos alxubes do castelo. Tamén s. Pedían a liberdade dos cativos. SIN. preso. 3. fig. Sometido a unha paixón, ós encantos de alguén, etc. Cativo do amor dunha fermosa dama. // s. 4. Rapaz de pouca idade. Xogos de cativos. SIN. neno, pequeno, pícaro. CF. meniño

PARA MIN: Calquera persoa inocente que fai as cousas de corazón, sen pensar no que dirán, e, ao fin e ao cabo todos fomos cativos algún día...




Laura Nogueira Martínez, 3ºB (ESO)


ÁRBORE


NO DICIONARIO: 1. Calquera planta de tamaño grande, con tronco leñoso e elevado que se divide en pólas a partir dunha certa altura. O carballo, o castiñeiro, a faia ou a sobreira son árbores frondosas. 2. fig. Calquera gráfico en forma de árbore onde se especifican as relacións de ascendencia e descendencia entre diversos individuos pertencentes a un tronco común. Árbore xenealóxica. A árbore da evolución das especies. 3. Mec. Eixe que recibe un movemento de rotación dun motor e o transmite. Árbore de levas. A árbore dun motor diesel transmite o movemento ós émbolos. s Árbore de levas. Eixe que fai xirar unha ou máis levas, destinado a transmiti-lo movemento a unha máquina. / Árbore xenealóxica. Figura en forma de árbore onde se detallan os nomes dos individuos dunha ou máis familias pertencentes a un tronco común e onde se describen de maneira gráfica as relacións de ascendencia ou descendencia existentes entre eles. A árbore xenealóxica da familia real.



PARA MIN: Recórdame a miña parroquia, pois ten nome de árbore: "Pereira". Ademáis, alí hai moitas árbores que son as que purifican o ambiente.





Belén Canabal Rivera, 3ºB (ESO)

Sem comentários:

Enviar um comentário