sexta-feira, 22 de janeiro de 2010

Non damos creto!





Porque temos unha lingua!!!

Publicado por Olalla Iglesias e Úrsula Martínez.

quinta-feira, 21 de janeiro de 2010

Eu quero o ensino en galego



Algúns dos alumnos/as que levamos este blog reuníamosnos hoxe, a mañá do 21 de xaneiro para acudir á manifestación a prol do galego que se celebraba en Santiago.
Non sei os meus compañeiros, pero dende logo eu non imaxinaba atopar o que alí atopei, xente de todas as partes unidas por unha mesma causa: defender a nosa cultura, o noso idioma... Xente de todo tipo, que poida que entre nós foramos completamente distintos, pero que se algo tiñamos claro era que nos negabamos a apartar o noso idioma das nosas vidas, un idioma co que nacemos, co que convivimos, co que aprendemos, co que crecemos... un idioma que nos aprendeu todo que sabemos. Lía fai pouco o comentario dunha rapaza que dicía que o galego debía ser estudado como "actividade extraescolar". O inglés pode ser unha actividade extraescolar, o francés, o piano, o violín, pero NON o idioma oficial do lugar no que vivimos. Non pretendo con isto impoñerlle á xente o que ten que falar, se a xente quere falar castelán están en todo o seu dereito, pero dende logo, non por iso teñen que considerar ao galego unha lingua inferior porque, como citaba unha pancarta que vin, non hoxe, pero si tratando deste tema, "se o galego é para as vacas eu digo MUUU", e estou segura de que moita xente opinará igual.
Quédome co recordo desta manifestación, un bonito recordo que me alegrou moito compartir con toda a xente que alí estaba.

Alba Rendo.

quinta-feira, 14 de janeiro de 2010

PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS

AS VANGARDAS




A AELG pon á nosa disposición unha unidade didáctica eleborada por Pilar Ponte que podedes atopar neste Blogue.