Outro grupo galego famoso en España é Los Suaves. Cantos sabedes que son galegos? Sodes moi novos, asi que ó mellor non sabedes nin se quera quen son! Pois é un grupo coñecido en España e que moitos coñecemos e aínda que canten en castelán é moi bo. Por mor de que non cantan en galego, moito me temo que non podo ensinarvos ningunha canción pero se buscades en youtube encontraredes moitas cancións de eles. Saúdos a todos!
Un grupo famoso chamado Siniestro Total é galego! Cantos o saben? Poucos, dame a min. Ó mellor nin se quera coñecedes ó grupo pero se vos digo: "Bailare sobre tu tumba" xa me entendedes non? Veña, saúdos!
Era un corazón escuro e cerrado ao amor, polo que por cada parella feliz que vía, derramaba lágrimas de ouro. Ao ser famosamente coñecido, no seu universo a felicidade era case inesistente.
Patricia Mañá Fosado
O VENTO
O vento, que co seu paso todo o levou e nada deixou só soidade e dor.
Que co seu soar só deixa imaxinar quen o vai parar.
Con angustia mira a lúa, nin a noite o vai calmar.