segunda-feira, 23 de novembro de 2009

Charla con A. Pousa Antelo

A semana pasada veu visitarnos Avelino Pousa Antelo, acompañado polo poeta e amigo Xoán Xosé Fernández Abella. Falamos de historia e lingua entre outras cousas.
Proximamente poderemos ver o vídeo que está en proceso de edición, polo momento, a disfrutar das fotos.



6 comentários:

  1. A.Pousa Antelo é unha persoa moi xusta que quere salvar o galego. Porque non é xusto que queiran menospreciar o galego, incluso hai galegas/os que non falan a lingua da que formaron parte deNde que naceron. Eu son galega e non vou deixar de falar a lingua que formou parte da miña vida dende que teño usO de razón.

    ResponderEliminar
  2. A. Pousa Antelo foi un gran home nos seus tempos, e a día de hoxe aínda o é.
    Da súa charla eu destacaría 2 cousas principalmente:

    1. Que para ser un home que vivíu tantas cousas acordase perfectamente delas e o transmitirnolas ensínanos que se creemos que vale a pena loitar por algo, que o fagamos
    2. Ensinoume tamén que ser galegos é un grande privilexio; que non podemos deixar que uns cantos "poderosos" aplaquen a nosa lingua despois de todo o que tibemos que pelexar por ela.

    En resumo que é unha gran persoa e que espero que siga asi!

    ResponderEliminar
  3. A.Pousa Antelo, que ben o pasamos cando veu aquí! Foi unha experiencia única. con 95 anos ten unha habilidade que senón o vedes non o credes, facédenos caso.

    Raquel Vázquez
    Cristina Marín
    Diego Catro

    ResponderEliminar
  4. A verdade eque este señor deixounos marcados!
    todo o mundo conta o mesmo conto de que loitemos polo noso, reivindiquemos o galego.....etc
    Pero este señor ten toda unha vida de experiencia, que nos narra, contanos o importante de verdade....e sobre todo, transmitenos de verdade!!!
    Faría falta moita mais xente deste tipo para cabiar a Galicia fría e foránea!


    Silvia Mogo Vaamonde

    ResponderEliminar
  5. Avelino é un amigo meu, e se non o é, é como se o fora. Estiven por invitalo ó café pero seguro que aínda non xantara, así que tería que invitalo a comer para tomar despois o café, e a miña carteira xa pasa fame de abondo... É o que hai!

    ResponderEliminar
  6. Este home esta claro que nos deixou a todos unha marca. O seu afán de superación e de non deixarse asoballar por ninguén e algo digno de admirar. Estamos todos encantados de que decidise vir o noso colexio e compartir parte da súa vida con nos. Oxalá eu sea así cos seus anos!

    Natalia Gómez

    ResponderEliminar